Preguntas

Un bo xeito de axudar a alguén a que reflexione sobre un tema é facerlle unha pregunta ao respecto. Unha boa pregunta pódenos axudar a xuntar a nosa información, avaliar as nosas ideas e crear outras novas.

As preguntas realizadas coa intención de axudar a outros a aprender coñécense como socráticas.

A retórica socrática require atención adicada, para que a outra persoa poida axudalo a avaliar e reformular a súa pregunta nun ambiente construtivista, de axuda, e non de confrontación.

Preséntanse, a continuación, algúns exemplos destas preguntas:

Preguntas clarificadoras

  • ¿Que queres dicir cando dis ______?
  • ¿Cal é o punto central?
  • ¿Que ten _____ que ver con _____?
  • ¿Podes decirmo doutro xeito?
  • Déixame ver se entendo: ¿queres dicir _____ ou _____?
  • ¿Como se relaciona isto co noso tema?
  • María, ¿podes resumir o que dixo Ricardo? ... Ricardo, ¿é o que quiseches dicir?
  • ¿Podes darme un exemplo?
  • ¿ _____ podería ser un exemplo?
Preguntas tomadas de Paul, R. (1993). Critical Thinking: How To Prepare Students for a Rapidly Changing World: Foundation for Critical Thinking, Santa Rosa, CA.

Índice de todos os ficheiros de axuda
Língua na qual mostrar esta ajuda: English