Envíanos tus sugerencias
Gastos cubertos

Son gastos garantidos obxecto do presente seguro:

a) As taxas, dereitos e costas xudiciais derivados da tramitación dos procedementos cubertos.
b) Os honorarios e gastos de avogado.
c) Os dereitos e suplidos de procuradores, cando a súa intervención sexa preceptiva.
d) Os gastos notariais e de outorgamento de poderes para preitos, así como as actas, requirimentos e demais actos necesarios para a defensa dos intereses do asegurado.
e) Os honorarios e gastos de peritos, así como os de localización de responsables nos termos previstos na póliza.
f) A constitución, en procesos penais, das fianzas esixidas para conseguir a liberdade provisional do asegurado, así como para responder do pago das costas xudiciais, con exclusión de indemnizacións e multas.

O asegurado ten dereito, nas condicións e cos límites previstos na póliza, a elixir libremente o procurador e avogado que haxan de representarlle e defenderlle en calquera procedemento

O avogado e procurador designados polo asegurado non estarán suxeitos, en ningún caso, ás instrucións do asegurador.

No caso de que a dirección xurídica do sinistro sexa asumida por LEGALITAS Seguros, esta correrá coa totalidade dos gastos habidos na tramitación do sinistro, cun límite máximo de 8.000 euros.

Se o asegurado opta pola libre elección de profesionais, a suma asegurada por sinistro e ano establécese en 6.000 euros. Para determinar a contía dos honorarios do avogado e dereitos e suplidos do procurador que interviñeren nos procedementos obxecto da cobertura, aplicaranse, como máximo, os criterios establecidos para estes conceptos polos colexios profesionais e polos aranceis que, no seu caso, resulten de aplicación.

En ningún caso correrán a cargo do asegurador os gastos de colexiación, viaxe, hospedaxe e dietas correspondentes ao avogado que interveña no procedemento, nin a ningunha outra persoa.
 

Defensor do Profesor

Luns a Venres

11:00 a 13:00

Tfno: 608 404 555