Envíanos tus sugerencias
Exclusións xerais

Non quedan garantidos os acontecementos e gastos non definidos na póliza suscrita e en ningún caso, os seguintes:

1.- Os gastos derivados de reclamacións infundadas, así como as que se expoñan con manifesta desproporción en relación aos danos e prexuízos sufridos, de común acordo co tomador da póliza. Esta exclusión non se aplicará cando, tras o exercicio das actuacións xudiciais correspondentes o asegurado obtivese unha resolución favorable estimando a totalidade da indemnización pretendida.

2.- O cumprimento das obrigacións impostas ao asegurado por sentenza ou resolución administrativa.

3.- O pago de multas e sancións así como os seus intereses e recargas.

4.- Cando o sinistro sexa causado por mala fe do asegurado.

5.- Os supostos nos que exista conflito de intereses entre o tomador do seguro (Xunta de Galicia) e o asegurado.

6.- Os litixios que se deriven ou teñan a súa orixe en folgas, peches patronais, conflitos colectivos de traballo ou regularizacións de emprego.

7.- Os feitos derivados da participación do Asegurado en competicións ou probas deportivas.

8.- A defensa da responsabilidade civil.

Pagos Excluídos:

En ningún caso estarán cubertos pola póliza:

  • O pago de multas e a indemnización de calquera gasto orixinado por sancións impostas ao asegurado polas autoridades administrativas ou xudiciais.
  • Os impostos ou outros pagos de carácter fiscal, dimanantes da presentación de documentos públicos ou privados ante os Organismos Oficiais.
  • Os gastos que procedan dunha acumulación ou reconvención xudicial, cando se refiran a materias non comprendidas nas coberturas garantidas.


 

Defensor do Profesor

Luns a Venres

11:00 a 13:00

Tfno: 608 404 555