Envíanos tus sugerencias
Discrepancias e prescricións

En caso de existir discrepancias ou reclamacións do profesorado contra a aseguradora referentes a este seguro, aquel poderá dirixirse mediante escrito ao Departamento de Atención ao Cliente de LEGALITAS, que se rexe pola Orde ECO/734/2004 de 11 de marzo sobre os departamentos de atención ao cliente, indicando:

  • Nome e Apelidos
  • Dirección, Poboación e número de teléfono
  • Número de D.N.I.
  • NŠ de Póliza
  • Tipo de reclamación, importe, e feitos en que se fundamenta a súa reclamación.

Unha vez recibida a carta a aseguradora analizará os antecedentes de feito necesarios e dará contestación ao asegurado. Tras a resolución o asegurado poderá expor, se o considera oportuno, reclamación ante o Defensor do Cliente:

D.A. DEFENSOR CONVENIO PROFESIONAL S.L.
C/ Marqués da Ensenada nš 16
28004 MADRID
Tel.: 91 310 40 43
Fax.: 91 308 49 91
Mail: reclamacionesatda-defensor [dot] org

Unha vez resolta a cuestión ou transcorridos dous meses desde a súa presentación sen resposta polo Departamento de Atención ao Cliente ou o Defensor do Cliente, o interesado poderá acudir ao Servizo de Reclamacións da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións.

As accións derivadas do contrato de seguro prescriben no prazo de dous anos, a contar desde o momento en que puideron exercitarse.

Defensor do Profesor

Luns a Venres

11:00 a 13:00

Tfno: 608 404 555